Nova: Homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento

19/07/2014

Homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento

O intelectual, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2004, foi un distinguido etnógrafo e deixou unha potente obra ligada a Xeración Nós

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento

Ourense, 19 de xullo de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández no 25º cabodano do seu pasamento, a quen describiu como “unha das figuras máis sobranceiras da nosa cultura”.

No acto que se celebrou no cemiterio de San Francisco de Ourense, Vázquez Abad, destacou que Xaquín Lorenzo, mais coñecido como ‘Xocas’, deixounos a potencia dunha obra ligada a Xeración Nós, un poder que se expresa na aprendizaxe de todos os que hoxe estamos a continuar o seu labor baixo o seu maxisterio indiscutible”.

Segundo o titular de Cultura e Educación, “tras Xaquín Lorenzo queda unha pegada que se agranda co paso do tempo”. “Se hoxe Galicia pode recoñecerse a si mesma como país, e Ourense como cidade cultural por excelencia, é porque ten neste intelectual un dos soportes máis precisos e rotundos da súa identidade”, engadiu.

Distinguido etnógrafo
Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989) estudou Filosofía e Letras en Santiago e Zaragoza. Ao mesmo tempo que exerce a docencia na cidade de Ourense, incorpórase ao Grupo Nós con Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, tres mestres moi especiais na súa vida, ademais de amigos e compañeiros na revista Nós.

Foi membro do Seminario de Estudios Galegos, da Real Academia Galega e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O intelectual, ao que se lle dedicou en 2004 o Día das Letras Galegas, interesouse sempre pola etnografía e o folclore galego, o que lle levou a percorrerse Galicia para investigar e estudar a historia e a cultura da nosa terra, para posteriormente publicar valiosos libros nestes ámbitos do coñecemento.

Comparte