Nova: Regresa a Padrón o valioso Arquivo Baltar que se depositará na Fundación Rosalía de Castro

19/05/2016

Regresa a Padrón o valioso Arquivo Baltar que se depositará na Fundación Rosalía de Castro

O conselleiro de Cultura participou no acto de sinatura do acordo que implica o regreso desta documentación, maioritariamente inédita, composta por 445 pezas, datadas desde o tempo en que Rosalía se instala coa familia en Padrón ata os anos vinte do pasado século

Román Rodríguez agradece a “xenerosidade e altura de miras” da familia

  • O conselleiro de Cultura e Educación participou no acto de sinatura do acordo que implica o regreso a Padrón do arquivo ‘Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló’ O conselleiro de Cultura e Educación participou no acto de sinatura do acordo que implica o regreso a Padrón do arquivo ‘Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló’

Madrid, 19 de maio de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, agradeceu esta tarde a “xenerosidade e altura de miras” da familia Baltar por depositar o seu legado patrimonial, de interese cultural e social para Galicia, na Fundación Rosalía de Castro. Así o trasladou con motivo da sinatura do acordo polo que se fai depósito do arquivo ‘Ramón Baltar Feijóo e Ernesto Baltar Santaló’ na dita Fundación, o que implica o regreso a Padrón deste “importantísimo” fondo documental.

O conselleiro cualificou esta decisión de “intelixente” debido aos vencellos que unen á familia con Rosalía de Castro e Manuel Murguía. De feito, parte dese arquivo está conformado por autógrafos da senlleira poetisa galega e relevantes datos biográficos dela ou a folla de servizos de Manuel Murguía.

O acordo foi asinado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e polos tres irmáns Baltar García-Peñuela. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira. Pola súa banda, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega –que non puido estar presente–, o coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, encargouse de dar a benvida ás instalacións a todos os asistentes.

Correspondencia inédita
Así mesmo, e tal e como lembrou Román Rodríguez, cómpre salientar a abondosa correspondencia inédita incluída neste arquivo, centrada especialmente en Ramón Tojo e dirixida a el por Manuel Murguía e a súa filla Alexandra, por Daniel Castelao, Rafael Dieste, Pérez Lugín, Pardo Bazán ou Alfredo Brañas, entre outros. Neste sentido, o conselleiro subliñou que “as cartas configuran un xénero valiosísimo para achegarse á cerna do pensamento das persoas”.

O dito arquivo está composto por 445 pezas procedentes da familia Baltar, datada desde o tempo en que Rosalía se instala coa familia na casa da Matanza ata os anos vinte do pasado século. Neste contexto, Román Rodríguez tamén quixo poñer en valor o traballo das sucesivas xeracións dos Baltar para gardar en condicións óptimas un legado de alto valor histórico.
 
Comparte