Nova: Entrega dos premios do concurso Novos Talentos de Relato Curto

20/05/2016

Entrega dos premios do concurso Novos Talentos de Relato Curto

A compostelá Noela Rivas Cantelar, alumna do IES Xelmírez I, é a gañadora autonómica desta edición

  • O secretario xeral de Política Lingüística entregou o galardón O secretario xeral de Política Lingüística entregou o galardón

Santiago, 20 de maio de 2016.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola Iberians Partners entregaron hoxe á tarde os premios da 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto, unha iniciativa que convocan conxuntamente no marco do seu acordo de colaboración cos obxectivos de promover as destrezas lingüísticas de expresión e comprensión escrita do galego e de incentivar a creatividade da mocidade na lingua propia de Galicia.

García Gómez destacou que esta iniciativa “recoñece a creatividade en galego da mocidade, ademais de impulsar, fortalecer e, en consecuencia, dinamizar o uso do noso idioma propio”. “O Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto constitúe, ademais, un magnífico exemplo de éxito na colaboración entre unha entidade pública –A Xunta- e outra privada –Coca-Cola- a prol dunha tarefa tan ampla como elevada: a de impulsar a creatividade en lingua galega e poñer a literatura no noso idioma no lugar que, por calidade, lle corresponde”, rematou.

8º Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto
Á 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos Premio de Relato Curto concorreron máis de 300 alumnos e alumnas que estudan 2º curso da ESO nos case100 colexios e institutos participantes e que amosaron os seus dotes literarios nunha proba escrita que tivo lugar o 11 de marzo para cuxa composición se basearon nun estímulo narrativo.

De acordo co establecido nas bases, un xurado territorial concedeu tres premios por cada un dos sete sectores establecidos (un total de 21): A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra; ademais dun premio absoluto.

21 novos talentos en lingua galega
Así, Noela Rivas Cantelar, do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela, fíxose co premio autonómico desta 8.ª edición, consistente nunha viaxe a Madrid para participar nun campus no que poderá gozar de distintas actividades, como exposicións, espectáculos etc. e mais nun curso de escritura creativa, onde aprenderá a desenvolver as súas aptitudes e outras estratexias para perfeccionar a súa técnica, ademais doutra viaxe a Londres.

Os finalistas provinciais foron Aridia Lema Costa, do CEIP Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña); Verónica Rodríguez Martínez, do CPI Conde de Fenosa de Ares (Ferrol); Noela Rivas Cantelar, do IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago); Paula García Corral, do IES Vilar Pontes de Viveiro (Lugo); Claudia Garrote Valentín, do IES As Lagoas (Ourense); Álvaro Pérez Bastos, da Escola Rosalia de Castro (Vigo); e Clara Candisano Guillanders, do CPR Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra). Todos eles foron premiados cun Drone Parrot e con outros agasallos cos que viron recoñecido o seu talento.

Comparte