Nova: Talleres de experimentación artística, debate, música e cine configuran o avance da programación deste verán no CGAC
10/06/2016
Talleres de experimentación artística, debate, música e cine configuran o avance da programación deste verán no CGAC
Santiago, 10 de xuño de 2016.- Espazos para o debate, talleres de experimentación artística, música e cinema configuran a oferta cultural e de lecer para todos os públicos que o CGAC ten deseñado para a época estival que está a piques de comezar. Durante os vindeiros dous meses.
O Filocafé
Coa chegada do verán, péchasouse o Filocafe (http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/115/filocafe_no_cgac )até despois do período estival. A actividade, que se celebrou o primeiro domingo de cada mes ás 18.30 h na cantina do CGAC, rematou da man do filósofo e escritor Celso Fernández Sanmartín e consistiu na celebración dun parladoiro aberto a todos os públicos. A conversa tivo sempre como punto de partida unha peza dos almacéns do museo, que se sacou ex profeso para acompañar, suxerir e incentivar o debate. A participación no Filocafé foi libre e gratuíta.
Talleres para familias. ‘A-B-Contemporáneo’
A artista Rebeca Mariño propón un ciclo de talleres de experimentación artística dirixido a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Un momento para descubrir, crear e gozar en familia arredor da arte contemporánea.
En cada sesión dáse a coñecer un artista diferente, incluíndo unha parte teórica na que se presentan os seus traballos artísticos para explorar a diversidade da linguaxe contemporánea e, unha parte práctica, na que se fomenta o xogo e a creatividade.
Estes talleres levaranse a cabo a terceira fin de semana de cada mes, e comezarán o 18 e 19 de xuño en horario de11:00 a 13:00 h. Resulta preciso inscribirse, pero a participación é de balde.
Concerto ‘Música e arte. Correspondencias sonoras’
O día 28 de xuño continúa o ciclo de concertos ‘Música e arte. Correspondencias sonoras’ (http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/120/concertos_musica_arte_correspondencias_sonoras_2016 ), un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais.
Nesta ocasión, o concerto vincúlase coa exposición Agrupar_Desagrupar, presentando a adaptación da banda sonora The Soul of O. Nermaud, da película MACHINES Á RR de Isaac Perez Vicente. Interpretarase obra nova de compositores como Eduardo Flores, Henrik Denerin, Iván Ferrer, Ivo Nilson e José Subía e haberá nos días próximos actividades paralelas ao concerto como ensaios abertos e conversas cos propios compositores.
Talleres de lecer
Coa chegada do mes de xullo reedítanse os ‘Talleres de lecer’. Trátase dunha magnífica oportunidade para todo o mundo, pero sobre todo para os máis novos, para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte. Promoverase así mesmo o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo.
Para esta edición dos Talleres, que se van desenvolver ao longo do mes de estival, o CGAC conta novamente cun variado elenco de profesionais procedentes de diversas disciplinas.
Cine de verán
Finalmente, desta volta, o ‘Cine de verán’, que tamén se desenvolverá durante o mes de xullo, estará dedicado ao cinematografía checa. Para o desenvolvemento deste ciclo o CGAC conta coa colaboración do Centro de Linguas Modernas de Santiago, o Cineclube de Compostela e o Centro Checo de Madrid.