Nova: A Biblioteca de Galicia incorpora aos seus fondos 3.000 volumes cedidos por Basilio Losada

14/06/2016

A Biblioteca de Galicia incorpora aos seus fondos 3.000 volumes cedidos por Basilio Losada

Neste espazo da Cidade da Cultura xa hai outros 11.157 volumes da biblioteca particular de Losada que en 2001 foron adquiridos ao docente e investigador galego o que completa un legado global que supera os 14.000 volumes

O conselleiro destaca a importancia desta nova achega, composta por arredor de 3.000 volumes de diversas temáticas, dun dos estudosos “máis destacados do mundo académico galego-portugués e un dos grandes difusores da nosa cultura”

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou canda Basilio Losada, o secretario xeral de Política Lingüística, o secretario xeral de Cultura e a directora xerente da Cidade da Cultura no acto onde se oficializou a cesión da última parte da biblioteca particular de Basilio Losada ao Goberno galego O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou canda Basilio Losada, o secretario xeral de Política Lingüística, o secretario xeral de Cultura e a directora xerente da Cidade da Cultura no acto onde se oficializou a cesión da última parte da biblioteca particular de Basilio Losada ao Goberno galego

Santiago, 14 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou canda Basilio Losada, o secretario xeral de Política Lingüística, o secretario xeral de Cultura e a directora xerente da Cidade da Cultura no acto onde se oficializou a cesión da última parte da biblioteca particular de Basilio Losada ao Goberno galego. Por este compromiso, arredor de 3.000 volumes de diversos eixes temáticos e “excepcional interese”, en palabras de Rodríguez, serán convenientemente catalogados e incorporaranse aos fondos da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.

Entre estes libros atópase unha rica colección de poesía e de literatura e crítica literaria portuguesa, multitude de obras sobre as cidades do mundo que o propio Basilio Losada visitou ao longo da súa vida, edicións singulares dos clásicos occidentais, así como un fondo de novidades en lingua galega desde 2001 ata a actualidade. Entre as pezas destacadas inclúese unha réplica en tamaño real da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.

Román Rodríguez, destacou no acto a traxectoria do profesor emérito da Universitat de Barcelona, “un dos estudosos máis destacados do mundo académico galego-portugués e un dos grandes difusores da nosa cultura no exterior”, así como a súa xenerosidade con Galicia que “devolveremos –en palabras do conselleiro– coidando do mellor xeito posible os seus libros”, garantindo que estean nas mellores condicións na biblioteca que esta chamada a gardar a memoria escrita, presente e futura, de Galicia.

O primeiro paso
En 2001, a Biblioteca de Galicia xa adquiriu parte dos fondos bibliográficos de Basilio Losada, que conforman unha destacada colección na que están títulos fundamentais da literatura galega, especialmente do século XX, así como as diferentes edicións dos mesmos.

Esta biblioteca conta xa con 9.363 títulos e 11.157 volumes de libros e folletos, o que sumado ao legado que agora dona o profesor supón un legado intelectual e bibliográfico superior aos 14.000 volumes.

Á colección de libros engádense as publicacións periódicas. Un total de 157 títulos de publicacións periódicas que suman 1.355 números. A maior parte das obras están escritas en galego, aínda que conta cunha boa representación de volumes en castelán de autores galegos. Entre estes tamén hai edicións de obras galegas publicadas en América, e edicións de autores galegos emigrados ou exiliados en América, desde onde escribiron importantes obras para a literatura e para o libro galego en xeral.

Basilio Losada
Basilio Losada, licenciado en Filosofía e Letras, e con estudos de Dereito, foi profesor de español no Knox College, así como universidades de Illinois e California desde 1971, e desde o 1990 do Bretheren College Abroad e do Darmouth College. Cómpre destacar que en 1986 foi o primeiro catedrático en Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona. Xubilado desde hai dezaseis anos continúa impartindo clases nos programas de diversas universidades estadounidenses na UB e desde o 1998 dirixe cursos en institucións como o Ateneu Barcelonès e na Fundació “A Caixa”.

Na súa bibliografía atópanse numerosos estudios críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, así como a tradución a sete idiomas de 150 libros asinados por autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, Pere Gimferrer... Tamén colaborou na realización da “Gran enciclopedia catalana”, “Gran enciclopedia gallega”, e “Gran enciclopedia del mundo” de Durvan. Ademais publicou antoloxías poéticas, e prologa gran cantidade de obras de creación e sobre literatura.

Xunto a todo isto cómpre recordar que aos 70 anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela "La peregrina", ambientada na Idade Media, período no que é un grande experto, e da que a tradución italiana foi levada a cabo por Giuseppe Tavani.

Recoñecementos
Basilio Losada recibiu numerosos premios e distincións como o Nacional de tradución por ‘Memorial do convento’, de José Saramago; a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.
 
Comparte