Nova: O Festival Groba regresa con clases maxistrais e concertos con recoñecidos solistas

29/06/2016

O Festival Groba regresa con clases maxistrais e concertos con recoñecidos solistas

Ponteareas acollerá do 5 ao 12 de agosto a nova edición desta iniciativa promovida co apoio de Cultura e que amplía os espazos da música clásica na axenda cultural de Galicia

Santiago, 29 de xuño de 2016.- O Festival Groba celebra a súa cuarta edición do 5 ao 12 de agosto cun programa que inclúe xornadas formativas para artistas novos con músicos de recoñecido prestixio internacional e unha ampla programación de concertos abertos ao conxunto da cidadanía.

Ponteareas, concello natal do prestixioso músico e compositor Rogelio Groba, volverá ser o escenario deste “acontecemento musical de múltiples vertentes, que vén cubrir un espazo para a formación intensiva dos máis novos artistas internacionais de procedencias diversas”, segundo explicou esta mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na rolda de prensa de presentación do festival, ao que tamén se referiu como “unha oportunidade para o conxunto de Galicia de dispor dun programa de concertos abertos, cun nutrido elenco de solistas de curta idade pero de altísima calidade, que paga a pena escoitar e gozar”.

Novas oportunidades para os intérpretes galegos

“Para a Consellería de Cultura e Educación –asegurou– é unha satisfacción poder presentar a celebración, un ano máis, deste festival que vimos apoiando desde a súa primeira edición, sabedores do esforzo que representa a súa organización pero tamén do que significa para abrirlles aos novos intérpretes galegos oportunidades de compartir horas de preparación e escenarios con músicos doutras procedencias, e de seguir ampliando os espazos da música clásica nas nosas programacións”.

O director do festival e director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba Otero, ademais de fillo do mestre Rogelio Groba, foi o encargado de explicar a programación deste ano durante a rolda de prensa, na que tamén participou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e que contou coa interpretación musical de David Sanmartín (piano) e Bernabé Simes (frauta) da peza “Per la antique scale”, de Ennio Morricone.

Segundo explicou Groba, a programación inclúe un innovador curso para xoves violinistas, impartido polo profesor Emmanuele Baldini. Os alumnos e alumnas seleccionados terán a oportunidade de preparar e interpretar con orquestra o repertorio italiano barroco para violín, con especial énfase nas Catro Estacións de Vivaldi.

Concertos diarios e gratuítos, con estreas de Rogelio Groba

Durante o festival, celebraranse concertos diarios e gratuítos para o público a cargo de diversos artistas invitados e da Orquestra de Cámara Galega, que por cuarto ano consecutivo será o ensemble en residencia. Nesta edición non faltarán os concertos de música de cámara nin un dos sinais de identidade desta iniciativa: diversas estreas de obras escritas para o festival polo mestre Rogelio Groba.

Os violinistas Guy Braunstein, Clara Jumi Kang, Emmanuele Baldini, Rogelio Groba e Pablo Vidal, as violas Kyoungmin Park e Lea Hennino, os cellistas Massimo Macri e Zvi Plesser, a frautista Gili Schwarzman, os pianistas Kasia Wieczorek e Julien Quentin, e a soprano Ingrida Gápová, xunto cos músicos

Comparte