Nova: A Biblioteca Nacional acolle unha exposición conmemorativa do centenario do nacemento de Cela

04/07/2016

A Biblioteca Nacional acolle unha exposición conmemorativa do centenario do nacemento de Cela

  • O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura acompañan a S.M. El-Rei na inauguración da exposición do Centenario do nacemento de Cela O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura acompañan a S.M. El-Rei na inauguración da exposición do Centenario do nacemento de Cela

Madrid, 2 de xullo de 2016.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou á S.M. El-Rei na inauguración da exposición conmemorativa do Centenario do nacemento de Camilo José Cela. Na Biblioteca Nacional de España (Madrid).

A Biblioteca Nacional de España acolle a exposición CJC 2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, que organizan conxuntamente Acción Cultural Española (AC/E) e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, coa colaboración da BNE, e que ofrecerá, a través de máis de 600 pezas, entre libros, pinturas, manuscritos, obxectos..., un percorrido veraz e atractivo por todos os perfís do escritor: novelista, narrador, articulista, vagabundo, memorialista, dramaturgo, lexicógrafo e poeta. Un clásico das letras do século XX. A mostra poderase visitar ata o 25 de setembro, e, posteriormente, viaxará ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, do 18 de novembro de 2016 ao 19 de febreiro de 2017. 

CJC 2016 suxire, con máis de 44 seccións, unha viaxe polas fortunas e as adversidades do autor, destacando ao narrador, á vez que mostra a importancia das súas novelas e manifesta a súa relación coa cultura e a sociedade de cada momento histórico.

Comparte