Nova: O XII Encontro Galego do Saxofón celebra o seu primeiro concerto na Cidade da Cultura

18/07/2016

O XII Encontro Galego do Saxofón celebra o seu primeiro concerto na Cidade da Cultura

O cuarteto Fukio Ensemble actuou no auditorio do Gaiás

  • Anxo Lorenzo, xunto ao Funkio Ensemble Anxo Lorenzo, xunto ao Funkio Ensemble
  • Intervención do secretario xeral de Cultura Intervención do secretario xeral de Cultura

Santiago, 18 de xullo de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu na Cidade da Cultura á actuación de Fukio Ensemble, formación integrada por profesores desta iniciativa promovida pola Factoría Galega do Saxofón co apoio do Goberno galego.

Preto de 40 alumnos e alumnas de Galicia e doutras comunidades participan neste encontro, que lles permite afondar na técnica do saxofón da man de músicos de recoñecido prestixio.

Mañá martes, ás 19:00 horas, o CGAC acollerá o segundo concerto do encontro, a cargo do conxunto do profesorado desta décimo segunda edición.

Comparte