Nova: Avánzase na recuperación do conxunto megalítico de Alperiz (Lalín)

21/07/2016

Avánzase na recuperación do conxunto megalítico de Alperiz (Lalín)

Nova actuación na Mámoa da Cruz nº 1

Cultura acaba de iniciar os traballos de limpeza previos á posta en valor deste ben, nos que se investirán case 10.000 euros

Esta actuación súmase á realizada o pasado ano no dolmen coñecido como Altar do Sol, tendo ambas como obxectivo que a cidadanía poida apreciar a excepcionalidade dos xacementos
 
  • A Consellería de Cultura e Educación acaba de iniciar os traballos de limpeza previos á posta en valor deste ben, nos que se investirán case 10.000 euros A Consellería de Cultura e Educación acaba de iniciar os traballos de limpeza previos á posta en valor deste ben, nos que se investirán case 10.000 euros

Santiago, 21 de xullo de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de iniciar os traballos de limpeza sobre a ‘Mámoa da Cruz nº1’, unha das que conforman o conxunto megalítico de Alperiz, no concello pontevedrés de Lalín. A actuación, que foi hoxe supervisada por unha técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, súmase á realizada o pasado ano para a posta en valor do dolmen coñecido como ‘Altar do Sol’. Polo tanto, con esta nova intervención o departamento dirixido por Román Rodríguez avanza na recuperación deste conxunto, que se caracteriza por unha estrutura excepcional no coñecido ata o momento do megalitismo do noroeste peninsular.

Cun orzamento de 10.000 euros, os traballos consistirán nunha fase inicial –que xa se está a desenvolver- de limpeza de vexetación do túmulo e da súa contorna inmediata. Inmediatamente despois realizarase un levantamento planimétrico exhaustivo da peza no seu estado actual, co fin de avaliar o seu deterioro e atallalo.

Unha vez feitas estas análises, procederase a retirar a cubrición que se colocou sobre a mámoa durante a escavación do 1989 para substituíla por outra nova máis acaída, co fin de poñer á vista a cámara funeraria cos seus gravados serpentiformes, así como a estrutura tumular. Tamén de cara a que este ben poida ser apreciado pola cidadanía, colocarase un peche axeitado e mais un papel informativo sobre o xacemento e o conxunto.

Altar do Sol’

Respecto do ‘Altar do Sol’, cómpre sinalar que a Consellería de Cultura e Educación rematou xa os traballos de estudo destoutra peza, que supuxeron un investimento de máis de 18.000 euros. O obxectivo foi o de limpar a vexetación presente e avaliar a morfoloxía do xacemento, de cara a afondar nas súas orixes e valor.

Ao abeiro da análise realizada foi posible determinar que se trata dun dolmen de cámara poligonal formada por sete ortostatos, dos que todos se conservan, así como localizar algunhas das lousas que lle foran retiradas no pasado.
 
Comparte