Nova: A pintura, protagonista en Ponteceseo co IV Certame Álvarez de Sotomayor

28/07/2016

A pintura, protagonista en Ponteceseo co IV Certame Álvarez de Sotomayor

Pintores de Galicia e doutras procedencias danse cita arredor deste premio para coñecer, debuxar e captar a beleza

Ponteceso, 22 de xullo de 2016.- O Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor celebra a súa cuarta edición co apoio da Xunta de Galicia. A creatividade artística e a paisaxe nun sentido amplo, como a que ofrecen os diferentes espazos da vila que serán obxecto do certame –a praza do Recheo, o paseo fluvial, a casa de Pondal etc.– conforman o cerne deste certame organizado pola Fundación Eduardo Pondal, que foi presentado hoxe en Ponteceso coa participación do secretario xeral de Cultura.

“Con iniciativas coma esta –dixo Anxo Lorenzo– Ponteceso reivindícase, unha vez máis, como dinamizador cultural de referencia na nosa terra. E nesa condición que caracteriza este concello xoga un papel fundamental a entidade que promove este certame".

Pintores e pintoras de Galicia e doutras procedencias danse cita unha vez máis arredor deste certame, para coñecer, debuxar e captar a beleza da terra de Pondal. Canda a pintura, a música súmase tamén a esta encontro cultural coa participación de artistas e diferentes formacións como a orquestra San Simón Fiddle.

 

 

Comparte