Nova: Galicia culturea inicia en Vilagarcía unha xira de 28 actuacións musicais con oito agrupacións

29/07/2016

Galicia culturea inicia en Vilagarcía unha xira de 28 actuacións musicais con oito agrupacións

O quinteto de metais Hércules Brass actúa na rúa Castelao de Vilagarcía de Arousa

Zoar Ensemble, Odaiko, Coro Cantigas e Agarimos, Coral de Ruada, Coro Cántigas da Terra, Coro Toxos e Froles e Galicia Fiddle Orquestra, entre as formacións que participan neste programa
 

  • Hércules Brass
  • Zoar
  • Odaiko
  • Coral Cantigas e Agarimos

Santiago, 29 de xullo de 2016.- O programa Galicia culturea, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dinamizar o verán coa celebración de preto de 600 actividades culturais e lingüísticas en 166 concellos, abre esta noite en Vilagarcía de Arousa cun concerto do quinteto de metais Hércules Brass unha xira de 28 actuacións musicais protagonizadas por oito agrupacións.

Xunto con Hércules Brass, que actúa ás 22.00 horas na rúa Castelao de Vilagarcía de Arousa, tamén participan nesta programación musical deseñada de forma específica pola Consellería para "Galicia culturea" as seguintes formacións: Zoar Ensemble, Odaiko, Coro Cántigas e Agarimos, Coro Cántigas da Terra, Coro Toxos e Froles, Coral de Ruada e Galicia Fiddle Orquestra.

Os concertos destas agrupacións, que se prolongarán ata o 14 de setembro, celebraranse en 28 concellos das catro provincias galegas. Concretamente, na provincia da Coruña terán lugar en Sada, Porto do Son, Ribeira, Muros, Betanzos, Miño, Negreira, Malpica e Mugardos; na provincia de Lugo, Antas de Ulla, Portomarín e Foz; na provincia de Ourense, O Carballiño e Ourense; e na de Pontevedra, Rodeiro, Baiona, Moraña, Vilanova de Arousa, O Grove, Vila de Cruces, Cotobade, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Agolada, Marín, Mos e Meaño.

‘GALICIA CULTUREA’ | ACTUACIÓNS MUSICAIS XULLO E AGOSTO

• Venres 29 de xullo: Hércules Brass, ás 22.00 horas, na Rúa Castelao de Vilagarcía de Arousa.
• Sábado 30 de xullo: Cantigas e Agarimos, ás 21.00 horas, na Praza do Cotón de Negreira.
• Sábado 6 de agosto: Hércules Brass, ás 20.30 horas, na Alameda de Chapela, en Redondela.
• Domingo 7 de agosto: Cántigas da Terra, ás 21.30 horas, na Praza Conde de Fontao de Foz.
• Mércores 10 de agosto: Hércules Brass, ás 21.30 horas, na Praza do Mercado de Muros.
• Xoves 11 de agosto: Hércules Brass, ás 24.00 horas, na Praza do Concello de Agolada.
• Sábado 13 de agosto: Hércules Brass, ás 21.00 horas, na Praza do Concello de Portomarín.
• Xoves 18 de agosto: Odaiko, ás 21.00 horas, na Praza da Chan de Cotobade.
• Sábado 20 de agosto: Cántigas da Terra, ás 20.30 horas, na Praza do Parchís de Miño; Odaiko, ás 19.00 horas, na Praza da Música de Merza, en Vila de Cruces; e Galicia Fiddle Orquestra, ás 21.00 horas, no Parque Rúa Nova de Dena, en Meaño.
• Mércores 24 de agosto: Zoar Ensemble, ás 21.00 horas, na Praza do Parque de Rodeiro.
• Xoves 25 de agosto: Odaiko, ás 21.00 horas, na Praza do Concello de Ribeira.
• Venres 26 de agosto: Zoar Ensemble, ás 20.00 horas, na Praza de San Roque, en Sada.
• Sábado 27 de agosto: Zoar Ensemble, ás 21.30 horas, na Praza de España de Porto do Son.

Comparte