Nova: Atardecer no Gaiás 2016 despídese ao ritmo de tres bandas galegas

24/08/2016

Atardecer no Gaiás 2016 despídese ao ritmo de tres bandas galegas

O xoves, 25 de agosto, terá lugar a última proxección de cine ao aire libre: ‘The man who fell to earth’, protagonizada por David Bowie

O venres haberá dobre sesión coa banda-laboratorio Diola e Kill Kill! e o seu post-hardcore e indie rock noventeiro pasado polo filtro pop

A despedida será o sábado co rock americano da banda viguesa The Soul Jacket e os dous grupos gañadores do Xuventude Crea 2015: Diariodeverano e Fripp & Kitte
 
  •  A Cidade da Cultura despide esta semana a sexta edición do ‘Atardecer no Gaiás’ e farao ao ritmo de tres bandas galegas e unha homenaxe a David Bowie A Cidade da Cultura despide esta semana a sexta edición do ‘Atardecer no Gaiás’ e farao ao ritmo de tres bandas galegas e unha homenaxe a David Bowie

Santiago, 24 de agosto de 2016.- A Cidade da Cultura despide esta semana a sexta edición do ‘Atardecer no Gaiás’ e farao ao ritmo de tres bandas galegas e unha homenaxe a David Bowie. Con estas tres últimas citas, o Gaiás ponlle punto e final a 22 sesións de música e cine ao aire libre coas que animou as tardiñas deste verán.

‘Atardecer no Gaiás 2016’ comezará a despedirse mañá xoves, 25 de agosto, coa proxección da última das catro películas ao aire libre programadas nesta edición. Por primeira vez en Galicia poderá verse en pantalla xigante a película de ciencia ficción ‘The man who fell to earth’ (O home que veu das estrelas) protagonizada por David Bowie no papel de extraterrestre. O filme irá precedido dunha sesión DJ temática a cargo de Bigote Mix, redondeando unha xornada que busca converterse nunha homenaxe ao músico recentemente falecido.

O venres contaremos cunha doble cita en ‘Atardecer no Gaiás’. Ao escenario da praza central subirán Diola, banda-laboratorio xurdida das cinzas de Unicornibot. Guitarra, baixo, batería, caixa de ritmos, sintetizadores, programación e voces fluíndo a través de tres intérpretes. E, xunto eles, Kill Kill! Presentará o seu álbum debut: ‘Reacciones a distancia’, no que collen o post-hardcore e o indie rock noventeiro e o pasan polo filtro do pop.

A gran despedida chegará o sábado coa actuación de tres bandas galegas: as dúas finalistas do certame Xuventude Crea 2015 e a banda viguesa The Soul Jacket. O pop alternativo de Diariodeverano seguiralle Fripp & Kitte e os seus sons crepusculares do oeste americano e melodías soul e folk. O fin de festa virá da man do rock americano de The Soul Jacket, que presentará os temas do seu último disco: ‘Black Cotton Limited’.

A Cantina do Gaiás tomaralle o relevo á praza central e, ao finalizar os concertos, celebrará unha festa de despedida ao ritmo do DJ Furia de Timotei. A entrada é de balde.
 
Comparte