Nova: Monumenta convida á descuberta a pé do patrimonio da fronteira con Portugal

27/08/2016

Monumenta convida á descuberta a pé do patrimonio da fronteira con Portugal

O secretario xeral de Cultura participou na penúltima andaina do ciclo, que transcorreu pola senda do río Miño 

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na andaina do ciclo ‘Monumenta, andar con arte’ titulada 'O Miño: A raia da amizade' O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na andaina do ciclo ‘Monumenta, andar con arte’ titulada 'O Miño: A raia da amizade'

Tomiño (Pontevedra), 27 de agosto de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na andaina do ciclo ‘Monumenta, andar con arte’ titulada O Miño: A raia da amizade.

A andaina de Monumenta percorreu a senda do Miño desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras. No Espazo Fortaleza contextualizouse a localización e as relacións transfronteirizas. Despois, visitouse a fortaleza de San Lourenzo onde se analizaron os fortes do Miño na guerra con Portugal. Chegouse ata o Peirao Vello para coñecer a pegada e a transcendencia do contrabando. E, en Eiras, coñeceuse máis da pesca tradicional do Miño a partir dos traballos do etnógrafo Eliseo Alonso.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Natalia Jorge Pereira, historiadora e especialista nas fortalezas do Miño. O compositor tudense Victor Coyote tocaron para en acústico durante a andaina, para traer música e historias da fronteira.

Comparte