Nova: O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento exhibe a exposición Cervantes y el CSIC
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
22/09/2016
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento exhibe a exposición Cervantes y el CSIC
Santiago, 22 de setembro de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta tarde á apertura da exposición 'Cervantes y el CSIC', unha mostra itinerante de paneis e fondos bibliográficos que se pode ver desde hoxe e ata o próximo día 28 de setembro na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, en Santiago de Compostela.
Esta mostra do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que se enmarca no cuarto centenario do pasamento do autor d'O Quixote, acompáñase dun ciclo de conferencias divulgativas a cargo de investigadores do CSIC.