Nova: Cultura analizará as actuacións necesarias para a conservación do edificio BIC que acolle o Liceo de Ourense

07/03/2017

Cultura analizará as actuacións necesarias para a conservación do edificio BIC que acolle o Liceo de Ourense

  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente do Liceo ourensán A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente do Liceo ourensán

Ourense, 7 de marzo de 2017.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente do Liceo ourensán, Javier Casares, e outros membros da xunta directiva que acudiron a esta xuntanza co obxectivo de presentarlle a memoria de actividades desenvolvidas durante o ano pasado, un total de 370 actos, dos que cómpre subliñar as conferencias, exposicións ou concertos.

Ademais, os responsables desta sociedade cultural e recreativa expuxéronlle á máxima responsable do Goberno galego na provincia unha serie de actuacións necesarias para a conservación da súa sede, o palacio renacentista dos Oca-Sarmiento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Díaz Mouteira ofreceulles a colaboración da Administración autonómica para analizar a execución dalgúns destes proxectos.
 

Comparte