Nova: Encontro das casas museo e das fundacións de escritores en Ponteceso

24/06/2017

Encontro das casas museo e das fundacións de escritores en Ponteceso

  • Encontro das casas museo e da fundacións de escritores en Ponteceso

Ponteceso, 24 de xuño de 2017.- Representantes das casas museo e das fundacións de autor de Galicia reuníronse na sede da Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, onde tivo lugar unha reunión de traballo para abordar os retos de futuro e avanzar na coordinación do labor que estas institucións levan a cabo actualmente a prol da difusión dos escritores galegos.

 

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na xuntanza, á que acudiron membros das fundacións Uxío Novoneyra, Carlos Casares e Curros Enríquez, entre outras. Posteriormente, tivo lugar un recital poético en homenaxe a Eduardo Pondal, do que se cumpre este ano o centenario do seu pasamento.

Comparte