Nova: A Xunta presenta o Plan director do mosteiro de Montederramo

31/07/2017

A Xunta presenta o Plan director do mosteiro de Montederramo

O conselleiro de Cultura e Educación anunciou que está previsto encargar un proxecto para realizar melloras nos espazos que ocupaba o antigo CEIP

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación do Plan director do Mosteiro de Santa María de Montederramo O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación do Plan director do Mosteiro de Santa María de Montederramo

Montederramo (Ourense), 31 de xullo de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación do Plan director do mosteiro de Santa María de Montederramo. O obxectivo deste documento marco é establecer o estado de conservación actual do ben e definir as liñas de actuación de cara o futuro no eido da súa conservación e das propostas para que o seu desenvolvemento sexa sempre compatible coa salvagarda dos seus valores culturais e de identidade.

O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia anunciou que, ademais do investimento de 101.415 euros xa realizado na redacción do plan e nas primeiras actuacións, a Consellería ten previsto encargar un proxecto para realizar actuacións de mellora dos espazos que ocupaba o antigo CEIP e de condicións de accesibilidade para a mellora da visita cultural do mosteiro.

Neste sentido o conselleiro explicou que o Plan xa está a permitir ampliar e mellorar da calidade da visita turística e cultural do conxunto, sendo o obxectivo final da Consellería poñer en valor este legado para o seu disfrute polas xeracións futuras.

Román Rodríguez lembrou a Chamoso Lamas, que cualificara Montederramo como “o máis descoñecido dos vellos mosteiros galegos”, destacando “que se trata tamén dun dos máis sobranceiros bens cos que conta a nosa terra” e explicou que as actuacións realizadas e previstas contribuirán a dar apoio técnico ao Concello para que poida solicitar unha subvención con cargo ao 1,5% cultural “a partir dun proxecto sólido”.

No acto estiveron presentes, ademais do conselleiro, o alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez Álvarez; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet; e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; entre outras autoridades.

Plan director de Montederramo

O Plan director é un documento no que se define o estado actual do monumento, recollendo a información dispoñible e sistematizando as propostas para o seu uso, mantemento e conservación.

O seu obxectivo é establecer o estado de conservación actual do ben e definir as liñas de actuación de cara o futuro no eido da súa conservación e das propostas para o seu desenvolvemento sustentable de xeito compatible cos seus valores culturais e de identidade.

Para elo descríbese, en primeiro lugar, as características do monumento e as súas patoloxías construtivas e funcional; define as condicións para o seu mantemento e as súas necesidades de conservación e restauración; e, finalmente, analiza a potencialidade do monumento para o desenvolvemento organizado dunha proposta dos usos compatible cos seus valores culturais que permitan un desenvolvemento sustentable e que colaboren a súa axeitada posta en valor, ao tempo que o convertan nun desenvolvemento sustentable e que colaboren á súa axeitada posta en valor, ao tempo que o convertan nun referente tanto social como económico da comarca.

Actuacións urxentes

Froito da redacción do plan, no último ano desenvolvéronse actuacións básicas de rehabilitación do ben, co fin de dar resposta ao deterioro producido despois de que o inmoble deixara de albergar o antigo CEIP de Montederramo.

O obxectivo principal foi achegar as medidas mínimas precisas para conseguir eliminar o perigo fronte a terceiros que supoñía a caída de tellas nos beirís, así como deter as filtracións de cuberta e os danos que estaba producindo a humidade. A

Así mesmo, realizáronse melloras que permitirán desenvolver de forma máis sinxela traballos de conservación e mantemento.

Comparte