Nova: A Delegación Territorial de Lugo expón O Muro Occidental e As Fontes, dúas visións fotográficas sobre Xerusalén

23/10/2017
A Delegación Territorial de Lugo expón O Muro Occidental e As Fontes, dúas visións fotográficas sobre Xerusalén
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou a mostra xunto con representantes da Asociación Galega de Amizade con Israel
Lugo, 23 de outubro de 2017.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata finais de mes as exposicións fotográficas O Muro Occidental, de Michal Ronnen, e As fontes, de Janán Isajar, dúas visións sobre un mesmo entorno físico, a cidade de Xerusalén, e unha mesma realidade, o crisol de relixións que a define.
Esta exposición está organizada pola Embaixada de Israel en España e chega a Lugo da man da Asociación Galega de Amizade con Israel. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a mostra xunto con dous representantes da asociación, Tino Piñeiro, delegado en Lugo, e Ana Arjiz, responsable da exposición, entre outros.
Balseiro asegurou que Xerusalén “é un referente relixioso para gran parte da humanidade e alberga monumentos cargados de simbolismo para as tres grandes relixións monoteístas do mundo: o xudaísmo, o cristianismo e o islam”, sendo este o eixo da obra que presenta Janán Isajar.
Pola súa banda, a fotógrafa Michal Ronnan concentra o seu objetivo no Muro Occidental, tamén coñecido como Muro das Lamentacións.
O delegado afirmou que ambas exposicións caracterízanse “pola súa calidade artística, avaladas pola súa exitosa traxectoria en diferentes cidades do mundo” e son “unha chamada á concordia, xa que nos lembran que é máis o que nos asemella que o que nos diferencia”.