Nova: Inaugúrase o auditorio de Torroso, en Mos

28/10/2017

Inaugúrase o auditorio de Torroso, en Mos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo especial referencia a este centro como “viveiro de novas vocacións musicais”

  • Román Rodríguez participa na inauguración do auditorio de Torroso, en Mos Escoitar Román Rodríguez participa na inauguración do auditorio de Torroso, en Mos Escoitar

Mos (Pontevedra), 28 de outubro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración do centro dotacional do Medio Rural de Torroso, en Mos, cuxas instalacións foron obxecto dunha ampliación. No acto tamén estiveron a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo; e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

O conselleiro salientou que este centro multifuncional, é un dos sinais de identidade da comarca da Louriña, sobre todo no que atinxe á activa dinamización cultural que mantén grazas á implicación dos veciños de Torroso e a comunidade de Montes.

Román Rodríguez fixo especial referencia a este centro como “viveiro de novas vocacións musicais” xa que é sede da Escola Oficial de Música de Mos (con máis de 400 alumnos) e de diversos grupos musicais.

Ademais, as obras de ampliación levadas a cabo permitirán acoller actividades impartidas polo Conservatorio Profesional de Música, así como outras moitas relacionadas coa terceira idade, obradoiros, cursos de formación e talleres, entre outros.

Comparte