Nova: Presentación do novo disco de Daniel Minimalia no Gaiás
12/09/2014
Presentación do novo disco de Daniel Minimalia no Gaiás
Santiago, 12 de setembro de 2014.- O guitarrista Daniel Minimalia subiu ao escenario do Museo Centro Gaiás para presentar algúns dos temas do seu próximo disco, ‘Arenas de luna’. A partir das 19 horas e con entrada de balde, o guitarrista despregou toda a maxia da súa arte. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu a esta presentación.
Precisamente, a Cidade da Cultura foi o escenario da rodaxe do videoclip do single de adianto do que será o seu segundo traballo, ‘Olas del Sur’, rodado en colaboración con Rosa Cedrón.