Nova: Convocado o XII Premio de Narrativa Breve

28/06/2018

Convocado o XII Premio de Narrativa Breve

O obxectivo é contribuír a dinamizar o uso do galego e o desenvolvemento da narrativa escrita na lingua propia de Galicia

A novela gañadora será publicada pola Editorial Galaxia

  • Convocado o XII Premio de Narrativa Breve Convocado o XII Premio de Narrativa Breve
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron esta maña un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron esta maña un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron esta maña un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron esta maña un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol, co fin de dinamizar o uso do galego e o desenvolvemento da narrativa escrita na lingua propia de Galicia desde as súas accións de responsabilidade social empresarial. No acto de sinatura estiveron acompañados do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Ao abeiro do acordo, a Fundación Repsol asumirá a dotación do galardón, de 12.000 euros, mentres que a Consellería – a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística– colaborará na constitución do xurado e na organización das actividades de difusión, así como na prestación de apoio e asesoramento técnico en relación coas aspectos lingüísticos e terminolóxicos relacionados co premio.

Ao certame poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en galego, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. O envío de orixinais deberá realizarse antes do 31 de xullo de 2018.

O xurado estará conformado por persoeiros de recoñecido prestixio no ámbito literario e cultural, nomeados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola Fundación Repsol, pola Real Academia Galega, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e pola Editorial galaxia. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, que serán publicados pola Editorial Galaxia

Un premio creado en 2006

O Premio de Narrativa Breve Repsol botou a andar no ano 2006 e na primeira edición gañouno o xornalista Miguel Sande con Se algún día esta muller morta, mentres que o profesor da USC e xornalista Xavier Lama acadou un accésit con O insomnio dos centauros. Na segunda, en 2007, a gañadora foi Anxos Sumai coa obra Así nacen as baleas. Na terceira, en 2008, o narrador, dramaturgo e debuxante humorístico Xosé Luís Martínez Pereiro obtivo o galardón polo traballo A verdade como mal menor.

Na cuarta, en 2010, o premio foi para o escritor Xurxo Sierra, pola peza Os fíos. A quinta, no ano 2011, gañouna Fernando Díaz-Castroverde Gómez, por Microbios e outros paquidermos. En 2012 fíxose co premio María López Sández, con A forma das nubes. Na edición 2013, o premio recaeu en Berta Dávila, por O derradeiro libro de Enma Olsen; en 2014, en Santiago Lopo pola peza A diagonal dos tolos; en 2015 en Marcos S. Calveiro, por Fontán; en 2016 en Daniel Asorey por Nordés e en 2017 en Xosé Antonio Neira Cruz por O soño das sereas.

Comparte