Nova: Carlos Villanueva presenta o seu libro sobre Said Armesto

01/10/2014

Carlos Villanueva presenta o seu libro sobre Said Armesto

O autor traza un percorrido pola faceta musical de Armesto xa que desenvolveu parte da súa vida reunindo romances e música popular galega

  • 'Víctor Said Armesto. Una vida de romance' 'Víctor Said Armesto. Una vida de romance'
  • O conselleiro de Cultura na presentación do libro de Carlos Villanueva sobre Víctor Said Armesto O conselleiro de Cultura na presentación do libro de Carlos Villanueva sobre Víctor Said Armesto

Santiago, 1 de outubro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou hoxe o libro do catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago Carlos Villanueva, titulado ‘Víctor Said Armesto. Una vida de romance (1871-1914)’, no salón reitoral do Colexio de San Xerome. No acto tamén estiveron presentes o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño e a concelleira de Cultura e Patrimonio compostelá, María Antón.

Vázquez Abad salientou que “a obra e a vida de Armesto retrátano coma un verdadeiro precursor e un guía que ten contribuído de forma notable ao noso crecemento e á nosa autoestima”. O titular de Cultura e Educación engadiu que “a actualización da imaxe de Said Armesto, dun xeito aínda mais profundo”- dixo o conselleiro- “supón un novo estímulo para construírmos novas formas desa galeguidade integradora e dinámica coa que está comprometida a nosa sociedade; e coa que a maioría das persoas que aceptamos responsabilidades públicas nos sentimos gratamente comprometidas”

Vázquez Abad rematou a súa intervención agradecendo ao autor, Carlos Villanueva, “o tempo e a enerxía entregada para nos ofrecer esta obra, onde se descubre o pracer de achar tesouros agochados nunha persoa tan singular como a que centra as páxinas”

Said Armesto
O autor indaga neste libro na faceta musical de Armesto, xa que foi un gran compilador de romances e da música popular galega, ademais de presidente da tuna compostelá. A figura deste pensador pontevedrés é bastante descoñecida a pesares de que foi un dos impulsores da Academia Galega, ademais do primeiro catedrático de lingua e literatura galaico-portuguesa da universidade española. Said Armesto foi continuador dunha estirpe de pensadores que transitaron en Galicia no Sexenio Democrático. Foi colaborador estreito de Castro Sampedro na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, foi elixido entre os dez primeiros intelectuais que se convocaron en 1905, baixo a presidencia de Manuel Murguía, para constituír a Academia Galega.

Xornalista, folclorista, filólogo, filósofo e literato, Said encamiña a súa liña de pensamento cara a temas propios das preocupacións rexeneracionistas finiseculares (educación, utopía social, etc.), pero esas tendencias e orientacións van refuxiándose na abstracción do medievalismo científico e dunha realidade de Galicia enriquecedora e plena de contidos identitarios románticos.

Comparte