Nova: Exposición de adobíos artesáns de Nadal no Museo do Mar de Galicia

11/12/2014

Exposición de adobíos artesáns de Nadal no Museo do Mar de Galicia

A mostra ‘Sopros de Nadal’, que incorpora pezas específicas de temática mariña, poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xaneiro

  • O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle desde hoxe e ata o 11 de xaneiro a exposición ‘Sopros de Nadal’ O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle desde hoxe e ata o 11 de xaneiro a exposición ‘Sopros de Nadal’

Vigo, 11 de decembro de 2014.- O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle desde hoxe e ata o 11 de xaneiro a exposición ‘Sopros de Nadal’, que reúne unha ampla mostra de adobíos propios destas datas.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a deputada de Cultura da provincia de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez; a directora do museo, Marta Lucio; e a comisaria da mostra, Fátima Cobo, inauguraron esta tarde a mostra, integrada por adornos de cristal para árbore de nadal, soprados e pintados de xeito artesanal.

Segundo explicou Anxo Lorenzo, a mostra constitúe unha oportunidade para se a achegar á artesanía do vidro, para percorrer a evolución ao longo dos anos desta arte vidreira a través de pezas creadas nos mellores obradoiros que existen e tamén para coñecer algunhas das lendas e historias que ilustran as tradicións do Nadal.

Adornos de temática mariña
A exposición presentouse por vez primeira o pasado mes de decembro 2013 no Museo de Pontevedra, onde foi visitada por máis de 8.000 persoas. O conxunto da mostra que agora se pode visitar no Museo do Mar mantén o espírito da pasada edición, pero máis ampliada, xa que inclúe elementos novos, como pezas específicas vinculadas coa temática mariña.

Xunto con esta exposición, o Museo do Mar de Galicia propón para estas datas diversas actividades dirixidas a todos os públicos. Vinculados con esta exposición realizaranse visitas guiadas e percorridos, que incluirán a elaboración dun adobío para a árbore de Nadal do museo. Tamén haberá actividades para achegar a cidadanía á cultura tradicional mariñeira, á alimentación dos peixes ou á arqueoloxía, con iniciativas no centro Salinae.

Con estas propostas, o Museo do Mar de Galicia da Consellería de Cultura e Educación convida a cidadanía a coñecer os seus fondos e instalacións, a gozar da riqueza que ofrecen os museos e a poñer en valor o patrimonio cultural.
 
Comparte