Nova: Ramón Neto recibe o Premio de Poesía Lorenzo Baleirón por Zonas de tránsito
20/12/2014
Ramón Neto recibe o Premio de Poesía Lorenzo Baleirón por Zonas de tránsito
Nos últimos anos foi distinguido con galardóns como o Premio Xosé María Pérez Parallé (2010), o Premio Miguel González Garcés (2012) ou co Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas (2013)
Dodro, 20 de decembro de 2014.- Ramón Neto recibiu hoxeno concello de Dodro o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón pola obra ‘Zonas de tránsito’, nun acto que contou coa participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
O Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón acolleu esta tarde o acto de entrega, no que o titular de Cultura destacou a contribución que vén realizando o certame, desde a súa instauración no ano 1988 polo Concello de Dodro, á creación poética e ao sistema literario galego. Nese sentido, Anxo Lorenzo lembrou o papel que veñen desempeñando certames consolidados como o Lorenzo Baleirón a prol das letras galegas.
‘Zonas de tránsito’, que será publicado por Sotelo Blanco Edicións, amosa unha estrutura en cinco seccións (“Entre as lapelas da noite/ desfragmentación”, “Paisaxe con lámpada de mesa de noite”,“O pouso dunha insomnia/ diario de abordo”, “De limiar en limiar/ breviario de pasos en falso” e“WegeeinerStimmezueinenwahrnehmendenDu/ Os vieiros dunha voz cara un ‘ti’ á escoita”) nas que se alterna a poesía en prosa co poema de verso curto, a lírica intimista que reflexiona sobre oser e a súa circunstancia e mais a escrita que esponxa no vivenciado, o onírico e a viaxe daexistencia, todo orlado con abondosas imaxes de peculiar selo e un posprocesado da ascendencia damellor lírica xermana en voces como as de Celan, Rilke ou Hölderlin.
O escritor e tradutor Ramón Neto (Illa de Arousa, 1975) reside desde hai anos en Bruxelas,onde exerce a docencia e traballa como profesional da tradución. Ademais do Lorenzo Baleirón, nos últimos anos foi distinguido con galardóns como o Premio Xosé María Pérez Parallé (2010), o Premio Miguel González Garcés (2012) ou co Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas (2013).
Honrar a Lorenzo Baleirón e reafirmar a poesía
O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirónfoi instituído polo Concello de Dodro no ano 1988 co obxectivo de honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, natural deste municipio e prematuramente desaparecido, e para contribuír á reafirmaciónda lírica galega. Ao premio poden concorrer todos osescritores ou escritoras que o desexen con obras inéditas e en lingua galega. A resolución do premio depende dun xurado designado polo Concello de Dodro e conformado por persoeiros vencellados ao mundo da poesía e da crítica literaria.
As persoas responsables de coordinación do premio foron, en primeiro lugar, Avelino Abuín de Tembra, posteriormente, Anxo Angueirae, na actualidade, Helena VillarJaneiro. Entre os autores e autoras galardoadas co premio atópanse Gonzalo Navaza, Helena Villar, Isidro Novo, Enma Couceiro, Xosé Lois Rúa, María Comesaña, Xosé Daniel Costas, Luís Valle, IsaacXubín, Serxio Iglesias e Cristina Ferreiro.