Nova: Primeira fase das obras do Centro das Artes de Verín

02/01/2015

Primeira fase das obras do Centro das Artes de Verín

  • Xesús Vázquez en Verín Xesús Vázquez en Verín
  • Xesús Vázquez en Verín Xesús Vázquez en Verín
  • Xesús Vázquez en Verín Xesús Vázquez en Verín

Verín (Ourense), 2 de xaneiro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, visitou esta mañá as obras da primeira fase do Centro Cultural das Artes, un equipamento que está chamado a ser un elemento clave na vertebración da política cultural local e no eido da Eurocidade Chaves-Verín.

Esta fase, na que se está a construír o Auditorio principal, a cafetería, o espazo de administración e de aseos da futura dotación, conta co financiamento do Concello de Verín, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, e supón un investimento conxunto de 3.334.884 euros. Destes, en concreto, o Goberno galego achega, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (1.344.198,96 euros), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (1.260.000 euros), e a Axencia Turismo de Galicia (200.000 euros), máis de 2,8 millóns de euros. Parte das devanditas actuacións están sufragadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa operativo FEDER.

Avance do Centro das Artes
Cómpre lembrar que a execución deste equipamento cultural avanza a bo ritmo. Logo da explanación e limpeza e da escavación de terras, téñense posto as lousas de cimentación, executado os muros de contención e os forxados do chan da planta baixa do futuro Centro das Artes de Verín. Así mesmo, levantáronse os piares, tanto de formigón como metálicos, da planta baixa-primeira, e os piares da formigón da primeira-segunda do aulario, e forxouse o teito da planta baixa no cubo correspondente da cafetería e ao aulario. A todo o anterior hai que engadirlle a realización dos saneamentos e drenaxes de toda a edificación; a instalación da rede equipotencial de toma de terra; e o armado da rampla de acceso ao escenario. Previsiblemente, a partir do 7 de xaneiro comezarase a colocar a pedra da fachada.
 

Comparte