Nova: A Xunta porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.000€ que o Goberno transferirá para a memoria democrática

29/03/2021
A Xunta porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.000€ que o Goberno transferirá para a memoria democrática
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou por videoconferencia na constitución oficial da Conferencia Sectorial
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, participou hoxe por videoconferencia na constitución da Conferencia Sectorial da Memoria Democrática.
Na reunión fíxose efectivo o reparto dos fondos dos 3 millóns de euros que o Goberno destinará ás comunidades autónomas. A Xunta porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.395€ asignados para a localización de fosas e actividades de difusión e dignificación.
Estas accións súmanse ás iniciativas levadas a cabo desde o Goberno galego como o proxecto sobre Memoria Dixital de Galicia, que permitirá a dixitalización dos fondos documentais vinculados á Guerra Civil española, a posguerra e a Transición que están custodiados nos arquivos históricos que xestiona a Xunta.