Nova: Mastretta púxolle música e diversión ao festival solidario Cancións por regalos

03/01/2015

Mastretta púxolle música e diversión ao festival solidario Cancións por regalos

A entrada simbólica era un agasallo para repartir o Día de Reis entre nenos e nenas sen recursos

  • Mastretta e a sua banda puxeron música e diversión ao concerto solidario Cancións por regalos Mastretta e a sua banda puxeron música e diversión ao concerto solidario Cancións por regalos
  • A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño, asistiu ao festival solidario ‘Cancións por regalos’ A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño, asistiu ao festival solidario ‘Cancións por regalos’
  • A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño, asistiu ao festival solidario ‘Cancións por regalos’ A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño, asistiu ao festival solidario ‘Cancións por regalos’

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2015.- As familias trouxeron un regalo, gozaron da música e fixeron feliz a máis dun neno. O 3 de xaneiro ás seis da tarde, a Cidade da Cultura acollu unha nova edición de Cancións por regalos, que este ano estivo protagonizado pola música e diversión do excepcional Mastretta e a súa banda.

Acompañado dunha divertida banda (Marina Sorin, violonchelo e phonoviolín, Pablo Novoa á guitarra e Coke Santos á percusión), Mastretta convidou a pais, fillos e todos os que se quixeron sumar ao concerto solidario a gozar da música a través de xogos nos que se converteren en intérpretes, directores de orquestra ou bailaríns.

Unha iniciativa redonda na que, como sempre, todos gañaron: os participantes levaron para casa unhas cantas cancións para o recordo e os nenos e nenas que máis o necesiten teñen unha sorpresa o Día de Reis, o regalo que se ofreceu como entrada. 

Ao festival solidario asistiu a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño.

Comparte