Nova: O Museo Arqueolóxico de Ourense anima a visitar as exposicións sobre o Padre Feijoo e Parada Justel

06/01/2015

O Museo Arqueolóxico de Ourense anima a visitar as exposicións sobre o Padre Feijoo e Parada Justel

Estas mostras enmárcase dentro das máis de 70 accións programadas por Cultura nos museos e bibliotecas que depende dela

  • Imaxe da obra 'Os satélites' de Parada Justel Imaxe da obra 'Os satélites' de Parada Justel

Santiago, 6 de xaneiro de 2014.- O Museo Arqueolóxico de Ourense, que dependen da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,anima a todos os ourensáns e ourensás a que visiten as exposicións sobre o Padre Feijoo e sobre Parada Justel.

Estas exposicións enmárcanse dentro das máis de 70 actividades previstas polo departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad nos museos e bibliotecas que dependen del en toda Galicia con motivo das festas navideñas.

Deste xeito, no marco desta programación expositiva cómpre lembrar que ata o día 2 de febreiro pode visitarse a mostra ‘Os satélites. Parada Justel’ no centro municipal José Ángel Valente, sito na antiga sede do Banco de España. Trátase dunha exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na que se pon de manifesto o inmenso valor artístico da obra de Ramón Parada Justel, un membro da extraordinaria Xeración Doente da que tamén formaban parte Ovidio Murguía, Xaquín Vaamonde e Jenaro Carrero.

Tamén promovida polo Museo Arqueolóxico, ata o 18 de xaneiro mantense aberta no centro social Afundación a exposición ‘O Padre Feijoo. Cidadán libre da República Literaria’, unha mostra organizada pola Xunta de Galicia en colaboración co Consello da Cultura Galega con motivo do 250 aniversario do falecemento deste persoeiro. Este evento enmárcase dentro da programación da Consellería de Cultura e Educación para, con motivo desta efeméride, contribuír a espallar o importante legado do Padre Feijoo, un intelectual que ofreceu nos seus escritos propostas renovadoras en campos como a ciencia, a educación a lingua e a cultura.

Comparte