Nova: Baile de Entroido no Gaiás coas mellores cancións da historia do rock

16/02/2015

Baile de Entroido no Gaiás coas mellores cancións da historia do rock

Pais e nenos están convidados a revivir coa ‘Rock and kids band’ grandes temas xunto a estrelas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss

  • Baile de Entroido no Gaiás Baile de Entroido no Gaiás

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015.- Este luns, 16 de febreiro, ás 18 horas a Cidade da Cultura celebra un Baile de Entroido no que gozar coas mellores cancións da historia do rock. Só por ir disfrazados ou con máscara, pais e nenos están convidados a asistir de balde ao Museo Centro Gaiás a un concerto moi especial da man da ‘Rock and Kids’, banda formada por iconas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss. Xunto a eles, faremos un percorrido pola historia do rock a través dos seus temas máis míticos.

O concerto da Rock and Kids estará conducido por unha mestre de cerimonias moi especial: StarSuperStar, que se encargará de propoñer un xogo por tema para que pequenos e maiores bailen xuntos e acaben convertidos nas grandes estrelas do espectáculo. Ademais, ao inicio e ao final do espectáculo, os asistentes poderán posar nun divertido photocall no que converterse en verdadeiras estrelas do rock e levar un recordo para casa.

Entrada de balde
Con esta actividade, Cultura e Educación aposta polo lecer compartido cun dobre obxectivo: educar e divertir ao mesmo tempo. A través da música, os nenos adquiren conceptos básicos como ritmo, compás, tipos de instrumentos…; inícianse no inglés a través das cancións e melloran a súa coordinación mediante o baile. E todo unha forma amena e na que facilitar a conexión e a complicidade entre pais e fillos.

Comparte