Nova: Os directores teatrais Jorge Lavelli e Josep María Flotats comparten as súas vivencias con María Casares no ciclo de conferencias da Xunta

11/05/2022

Os directores teatrais Jorge Lavelli e Josep María Flotats comparten as súas vivencias con María Casares no ciclo de conferencias da Xunta

  • Ciclo María Casares. Do exilio ao escenario

A Coruña, 11 de maio de 2022.- O director de teatro e ópera Jorge Lavelli e o actor e director Josep María Flotats compartiron hoxe as súas vivencias profesionais e persoais con María Casares no ciclo de conferencias organizado pola Xunta co gallo do centenario da actriz. As intervencións desta nova xornada foron presentadas polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e volveron celebrarse no salón de actos do Museo de Belas Artes, onde se está a desenvolver o ciclo.

 

María Casares. Do exilio ao escenario prolóngase ata finais de ano coa participación de diversas personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron desde a proximidade o traballo e o legado da artista homenaxeada. Tras os testemuños en primeira persoa de hoxe, as sesións volven en setembro, con Tina Sainz e José Luís Méndez Romeu.

Comparte