Nova: María do Ceo ofrecerá este xoves en Sarria o concerto ‘A Fadista’ co patrocinio da Xunta
06/09/2022
María do Ceo ofrecerá este xoves en Sarria o concerto ‘A Fadista’ co patrocinio da Xunta
Sarria (Lugo), 6 de setembro de 2022 A Xunta de Galicia patrocina a actuación de María do Ceo o próximo xoves en Sarria no marco da tradicional romaría dos Remedios. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e a propia artista presentaron hoxe a actividade no entorno da ermida dos Remedios.
Nese escenario, a cantante interpretará ás 19.00 horas A Fadista, Concerto de Fado e outras músicas. Arias celebrou que a romaxe volva ao seu formato habitual tralas restricións impostas pola pandemia e apuntou que “será unha ocasión inmellorable para desfrutar da beleza dos fados tradicionais da man desta artista recoñecida internacionalmente, que actúa como embaixadora da cultura galega por todo o mundo”.
O delegado fixo fincapé en que a Xunta está a estender a celebración do Xacobeo ao conxunto do territorio, dinamizando vilas e cidades con diferentes de propostas culturais. “Seguiremos apostando por unha programación descentralizada que chegue a toda a provincia e para todo tipo de públicos”, afirmou.