Nova: Continuidade das liñas da axuda para as industrias culturais

10/03/2015

Continuidade das liñas da axuda para as industrias culturais

O conselleiro de Cultura e Educación anuncia unha partida a través de Agadic próxima aos tres millóns de euros 

  • Audio do conselleiro de Cultura e Educación explicando as liñas estratéxicas do seu departamento
  • Vídeo do conselleiro de Cultura e Educación explicando as liñas estratéxicas do seu departamento
  • Continuidade da liña de axudas ás industrias culturais a través da Agadic Continuidade da liña de axudas ás industrias culturais a través da Agadic
  • O conselleiro de Cultura e Educación compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para expoñer as liñas estratéxicas do seu departamento no que queda de lexislatura O conselleiro de Cultura e Educación compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para expoñer as liñas estratéxicas do seu departamento no que queda de lexislatura

Santiago, 10 de marzo de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para expoñer as liñas estratéxicas do departamento que dirixe no que queda de lexislatura, no que reafirmou na súa comparecencia o seu compromiso co aproveitamento da riqueza e do potencial cultural de Galicia como un elemento diferencial e relevante. Neste sentido anunciou a continuidade das liñas de axuda para as industriais culturais galegas a través da Agadic —cun montante próximo aos 3 millóns de euros—, o reforzo da acción dinamizadora da actividade cultural, e o estímulo da demanda —en colaboración co sector— e da participación social na cultura a través do traballo conxunto con outras entidades e da rede de bibliotecas e museos dependentes da Consellería.

Así mesmo seguirase apoiando a presenza forte e diferenciada dos servizos e produtos culturais galegos no estranxeiro, en citas como as feiras do libro ou en outras de alcance internacional como o WOMEX.

O Gaiás como ‘fábrica cultural’ e de emprendemento
O complexo do Gaiás será nos próximos meses outro dos focos de atención das accións da Consellería. Ao mesmo tempo que a Cidade da Cultura se reforza como espazo natural de actividade cultural, a Xunta traballa para darlle pulo como centro de referencia do emprendemento na nosa terra, atraendo aos grande eventos do sector. Non en balde o Centro de Emprendemento, aberto como coworking, conta xa cun viveiro de empresas e cun espazo de crowdworking; o que significa que un cento de persoas se está a beneficiar de asesoramento, formación, titorización e networking para axudarlles a pór en marcha a súa idea innovadora.

Tamén no fomento da cultura do emprendemento está previsto reforzar os viveiros de empresa nos centros educativos e estudar a posibilidade de establecer novas sinerxías coas universidades galegas neste eido.

Sumar esforzos
Na súa comparecencia, o conselleiro subliñou o valor do modelo recibido posto en marcha no último lustro e a súa intención de partir das políticas culturais educativas e lingüísticas que están a funcionar e que están a posibilitar avances cualitativos para a cidadanía.

Con ese punto de inicio, Román Rodríguez púxose a disposición dos axentes implicados para sumar esforzos e acordos que permitan que Galicia conte con cunha cultura máis forte, unha lingua propia máis usada e valorada por todas e todos , unha educación máis moderna e de calidade, e un sistema universitario estable e preparado para afrontar retos de futuro.

Comparte