Nova: Actuacións na torre A Pena de Xinzo de Limia

24/03/2015

Actuacións na torre A Pena de Xinzo de Limia

Os traballos centraranse na limpeza do lenzo exterior que rodea a muralla e en diversos labores arqueolóxicos

 

  • Torre A Pena en Xinzo de Limia Torre A Pena en Xinzo de Limia

Santiago, 24 de marzo de 2015.- A Consellería de Cultura e Educación destinará 30.000 euros ás actuacións que se desenvolverán na torre A Pena de Xinzo de Limia. Precisamente, o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén Barcala, mantivo unha reunión co concelleiro de Cultura do concello de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, para abordar os diferentes labores que se van a acometer neste monumento histórico localizado no municipio ourensán.

Os traballos levaranse a cabo na muralla. En concreto, procederase á limpeza do lenzo exterior que rodea este antigo muro de protección. Tamén se desenvolverán labores de arqueoloxía coa mirada posta en actuacións posteriores.

A torre A Pena, coñecida popularmente como o castelo de A Porteliña e cuxa orixe se sitúa entre o século XII e mediados do XIV segundo os diferentes historiadores, foi levantada por Ruy Pérez de Viedma. Aínda que con nacemento señorial, tamén serviu de posto militar dada a súa proximidade coa fronteira portuguesa. De feito, formou parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Pena, Sandiás, Celme e Porqueira). Trátase, en definitiva, dunha mostra relevante do patrimonio material cultural de Galicia.

Comparte