Novas

Nexos reflexiona no Gaiás sobre urbanismo con Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez

18/04/2015

Xunto ao diálogo entre os dous arquitectos, o Gaiñas acolleu a estrea de ‘Imaxinarios sonoros de Compostela’, videocreación feita expresamente para este ciclo polos músicos Nacho Muñoz e Mig Seoane

Odaiko abre os espectáculos de Cultura no Camiño na provincia de Lugo

18/04/2015

Esta programación levará 82 actuacións escénicas e musicais por 22 concellos lucenses 

 

Mostra antolóxica de Fondevila en Silleda

17/04/2015

A exposición recompila máis de sesenta pezas da longa e recoñecida traxectoria do pintor e escultor nado neste concello do Deza

17/04/2015

Comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, 'Umbral' abre a etapa da definitiva madureza do artista e propón unha lectura aberta dos seus últimos traballos

Cartel da Feira dos Libros de Galicia 2015

17/04/2015

Presentación e sinatura de libros, contacontos e maxia, entre as actividades desta cita do 22 ao  26 de abril

17/04/2015

Amancio Prada, Uxía, Neira Vilas, Roi Casal, Yolanda Castaño, Uxía Blanco, Xurxo Souto, Cantareiras de Ardebullo e Manuel Rivas, entroutros, completan un ambicioso programa de propostas culturais que lle darán a benvida ao 17 de maio

O Centro Coreográfico Galego coproducirá o espectáculo Atlántica coa compañía Balletnorte

17/04/2015

A montaxe, que se estreará no prazo de dous meses, está inspirada na obra dos autores do Rexurdimento e conta con música orixinal de Ismael Berdei e espazo audiovisual de Pixel Films

Cultura no Camiño ofrece 110 funcións e concertos en 34 concellos da Coruña

17/04/2015

O Museo do Humor-Casa da Cultura de Fene acolle hoxe o ‘Monólogo de Isi’, primeira das citas culturais do ciclo que esta fin de semana chegará tamén a Boimorto, Cambre e Ribeira

17/04/2015

A súa programación arranca hoxe venres na Casa da Cultura coa comedia francesa ‘Meu deus, pero que che fixemos?, gran éxito de billeteira no seu país, que o público verinense poderá ver tamén o sábado 18

Páxinas