Novas

O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe á mañá a nova proposta, acompañado pola alcaldesa de Moraña

12/09/2017

O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe á mañá a nova proposta, acompañado pola alcaldesa de Moraña

Abre o centro de interpretación do xacemento romano de Caldoval

08/09/2017

O conselleiro de Cultura participou na apertura deste centro de interpretación que recrea o que foi unha instalación dedicada ao ocio, á práctica de deporte e ao coidado do corpo que estivo en uso entre os séculos I e V

Os novos lectores de lingua, literatura e cultura galega

08/09/2017

Valentín García reuniouse hoxe pola mañá co profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Igrexa de San Vicente de Pinol; foto de patrimoniogalego.net

06/09/2017

A actuación ten como finalidade manter en condicións de funcionalidade e habitabilidade o templo de Sober, ademais de protexer as pinturas e artesoado da cuberta

Mosteiro de San Martiño de Xubia

06/09/2017

A Consellería de Cultura actuará neste conxunto arquitectónico para reparar a cuberta da igrexa, a torre do campanario e o paramento exterior do mosteiro

Redecinema en Redondela

05/09/2017

O primeiro filme galego-cubano de animación poderase gozar ás 22:00 horas no campo da festa, con entrada de balde, no marco do Programa de dinamización lingüística Redecinema

O museo do Castro de Viladonga estrea páxina web

05/09/2017

A Amtega e a Consellería de Cultura e Educación poñen en marcha o portal viladonga.xunta.gal para favorecer o acceso cidadán a este legado arqueolóxico

29/08/2017

No xacemento da Cova Eirós, no que se vén traballando desde o ano 2008 co apoio da Xunta de Galicia, as escavacións arqueolóxicas localizaron no sector da entrada restos de diversas ocupacións paleolíticas

Mosteiro de Santa María a Real de Oseira

28/08/2017

O obxectivo da intervención é velar pola conservación deste senlleiro mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, e que constitúe ademais un importante atractivo cultural e turístico para a súa contorna

Páxinas