Premio: XIII Premio de Poesía Afundación

XIII Premio de Poesía Afundación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Centro PEN de Galicia convocan unha nova edición do Premio de Poesía Afundación, que ten como obxectivo favorecer e difundir a creatividade literaria en lingua galega. 

Ao certame poderán concorrer obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos. O texto gañador recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicado, ademais, na colección Arte de Trobar, editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega. O prazo para presentar os orixinais remata o 2 de outubro.

Estado do trámite: Resolto

Comparte