Premio: III Premio Ardeiro de Poesía
III Premio Ardeiro de Poesía
Convocado o III Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro
O Concello de Negreira presentou o 19 de xuño a terceira convocatoria deste certame de poesía celebrado en memoria do poeta de Logrosa, Xosé M. López Ardeiro e que naceu para alentar a escrita poética e difundir a creación dos autores e autoras neste xénero.
A este premio poderán concorrer todas as persoas que o desexen, coa única condición de que a obra presentada estea escrita en lingua galega e cun máximo dunha obra por autor. As obras poderán entregarse entre o 19 de xuño e o 14 de novembro de 2014, resolvéndose o premio o día 19 de decembro nun acto literario que se desenvolverá no Auditorio do Centro Sociocultural do concello coruñés.
O premio consistirá na publicación do poemario gañador pola Xunta de Galicia e a entrega ao autor de 150 exemplares.