Premio: XIV Premio de Poesía Afundación
XIV Premio de Poesía Afundación
Afundación, a Consellería de Cultura e Educación e mais o Centro PEN de Galicia convocan o Premio de Poesía Afundación celebra este ano súa décimo cuarta edición para promover a creación literaria en lingua galega.
Segundo as bases, ao certame poden concorrer obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos e o prazo para a entrega dos orixinais conclúe o próximo 30 de setembro. O texto gañador recibirá un único premio de 6.000 euros e será publicado, ademais, na colección Arte de Trobar, editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.
O xurado estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e como presidente actuará o titular do Centro Pen de Galicia, Luís González Tosar. A súa decisión farase pública a través dos medios de comunicación no último trimestre do ano.