Premio: VIII Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital
VIII Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital
Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídas os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.
Establécense: Premio Ramiro Carregal de grabado de 5.000 €, Premio María del Rosario Martín de 2.500€, 2 premios dotados con 2.500 € cada un e un premio especial de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.
Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación: Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica utilizada / Medida da prancha / Breve currículo artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Riveira. 15969 (A Coruña) España, do 11 de outubro de 2016 ao 30 de abril de 2017.
A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. Os gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco gravados premiados.
Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.
Para máis información
Tlf: (034) 981 871 342
Email: fundartes@gmail.com