Premio: II Concurso Balbino de Relatos

II Concurso Balbino de Relatos

A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego. A iniciativa, que inclúe como premio 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza, pretende ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia e a súa lingua e cultura propias desde as temáticas máis vencelladas á nosa tradición, idiosincrasia ou costumes e tamén animar e apoiar autores noveis que apostan polo galego como ferramenta da súa creatividade.

Estado do trámite: Resolto

Comparte