Premio: IV Premio Investigación Cultural ENCATC

IV Premio Investigación Cultural ENCATC

Premio para a máis relevante tese doutoral do ámbito cultural

O Premio de Investigación ENCATC foi lanzado en 2014 para premiar a mellor e máis relevante tese de doutoramento dun investigador emerxente referida ao ámbito da cultura.

ENCATC é unha rede europea de xestión e desenvolvemento de políticas culturais. É unha organización independente que reúne a máis de 100 institucións de educación superior e organizacións culturais en máis de 40 países.

O premio consiste na tradución da tese doutoral gañadora ao inglés e a súa publicación na colección de Libros Educativos de Xestión Cultural e Educación de Políticas Culturais, unha nova serie de publicacións de ENCATC especializadas en temas relacionados coa xestión cultural e política cultural. A difusión internacional da obra está asegurada polo grupo editorial internacional Peter Lang.

O calendario da convocatoria 2017 é:

5 de xuño: data límite para enviar candidaturas

10 de agosto: notificación dos candidatos preseleccionados

28 de setembro: cerimonia do Premio ENCATC á Investigación en Bruxelas

Os criterios de cualificación basearanse en:

  1. Calidade da investigación e metodoloxía de investigación
  2. Orixinalidade
  3. Carácter innovador
  4. Dimensión internacional da investigación
  5. Perspectiva comparada da investigación
  6. Relevancia e inspiración para o sector e / ou para os responsables políticos
Estado do trámite: Resolto

Comparte