Premio: Premio de Artesanía 2017

Premio de Artesanía 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG a Resolución do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento IN200A).

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2017 e remata ás 14.30 horas do 17 de novembro de 2017.  Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras. O prazo máximo para ditar e notificar ás persoas interesadas a resolución expresa será de cinco meses.

Máis información e bases, neste enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170626/AnuncioG0424-150617-00...

Estado do trámite: Resolto

Comparte