Premio: III Concurso de relatos Historia, tradición e lendas

III Concurso de relatos Historia, tradición e lendas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, convoca unha nova edición do concurso de relatos do Parque Nacional (a terceira). Hai dúas categorías ou modalidades: xuvenil, para participantes de entre 10 a 17 anos; e adultos, a partir dos 18 anos. O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro día 21 de decembro.

A temática dos relatos deberá estar relacionada cos valores e o patrimonio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, como a súa flora e fauna, paisaxe, tradición, lendas e historias sobre os distintos arquipélagos que constitúen o Parque Nacional. Os relatos deberán enviaranse baixo pseudónimo, ben por correo ordinario (Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva 3, Vigo 36202) ou por e-mail ao enderezo iatlanticas@xunta.es. Indicarase o concurso no que se participa e no caso do e-maill, debe axuntarse un documento Word, o nome de arquivo será o pseudónimo con que se asina o relato. No corpo da mensaxe indicarase o mesmo pseudónimo e os datos de identificación do autor (nome, idade, enderezo, teléfono, DNI). Si se envía a unha á dirección postal, no interior do sobre, deberá incluírse a información seguinte nun sobre pechado: pseudónimo, título do relato; datos persoais do autor (Nome, DNI, idade, enderezo, teléfono de contacto e dirección de e-mail, si a ten). Independentemente da modalidade de envío, para os menores de idade, será necesario, ademais, o nome do pai/nai ou titor que apoie a súa candidatura cun número de teléfono de contacto.

No III concurso de relatos do Parque Nacional "Historia, tradicións e lenda"s nas illas poderán presentarse textos orixinais en galego ou castelán. O xurado avaliará a calidade, orixinalidade narrativa, ritmo e creatividade. Así mesmo, establécense dúas modalidades: unha de relatos curtos, cunha extensión mínima de 900 palabras e máxima de 1.500; e outra de microrrelatos, cun máximo de 500 palabras. Cada participante poderá concursar cun relato inédito para cada modalidade e que non fora premiado anteriormente. Os contos terán que presentarse a dobre espazo e en letra Arial, tamaño 12 e marxes de 2,5 centímetros. O título do conto debe encabezar o manuscrito, en negriña centrado e a espazo e medio. Establécese un gañador por cada categoría e modalidade. O xurado, composto por 5 membros, fará unha primeira selección cos 5 mellores relatos. Os membros do xurado elixirán por votación ao ganador de entre os escritos. Os galardóns consistirán nunha visita ao Parque Nacional e un lote de material divulgativo relacionado cos espazos protexidos. Ademais, editarase un libro cos relatos gañadores e os seleccionados de cada categoría, entregándolle cinco exemplares da publicación ás persoas gañadoras, tres aos clasificados e un a cada participante.

Estado do trámite: Resolto

Comparte