Premio: I Concurso de Fotografía Museo Massó
I Concurso de Fotografía Museo Massó
Convocatoria para poñer en valor aspectos patrimoniais do noso entorno marítimo
O Museo Massó convoca a I edición do Concurso de Fotografía "Museo Massó".
O tema proposto é “A carpintaría de ribeira tradicional”, coa intención de recoller testemuñas das embarcacións tradicionais e das estruturas, espazos e traballos relacionados cos estaleiros nos que se constrúen estas embarcacións tradicionais, tanto na Comunidade Autónoma galega como noutros lugares.
Este concurso ten como finalidade o fomento da educación patrimonial a través da fotografía. Os participantes poderán atender tanto a calquera aspecto que contribúa a poñer en valor estes bens culturais como aqueles aspectos que denuncien o seu estado.
As obras serán valoradas atendendo fundamentalmente a tres criterios: estético, técnico e documental.
Condicións: as fotografías deberán ser feitas ex profeso para este concurso e non se admitirán obras seriadas. É imprescindible que xunto cos datos do participante apareza identificado o ben fotografado, coa súa localización, nome do estaleiro e, se fose posible, o do carpinteiro se estivera en activo.
Participantes e obras: poderá participar toda persoa que o desexe, cun máximo de tres obras.
Premios: a obra gañadora recibirá 300 €, a segunda 150 € e a terceira 75 €. Todas elas, xunto a unha selección máis ampla, serán expostas en diferentes espazos.
O prazo de presentación das fotografías permanecerá aberto do 15 de agosto ao 30 de setembro.
As bases completas poden consultarse no documento anexo: Bases completas e formulario de inscrición.