Premio: IX Certame de banda deseñada B. D. de Vigo
IX Certame de banda deseñada B. D. de Vigo
Entrega de orixinais ata o 20 de maio
A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel convoca por noveno ano consecutivo o IX Certame de banda deseñada “B. D. de Vigo”. Estas son as bases:
1. Poderán concorrer a este concurso todos os interesados/as nas seguintes categorías:
*Infantil: Menores de 11 anos.
*Júnior: Menores entre 12 e 17 anos.
*Sénior: A partir de 18 anos. Non hai límite de idade.
2. O tema será libre, con textos en galego. Cada autor presentará as obras que considere oportunas, non premiadas en outros concursos.
3. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de catro, a cor ou branco e negro, a técnica será libre e con dimensións de DINA-4. As páxinas han de ir numeradas. Non se admiten portadas. As historias han de ser autoconclusivas.
4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista/colorista... O estilo, tratamento e xénero son libres.
5. Os traballos poden presentarse de dúas formas:
Por correo electrónico, na seguinte dirección:
actividades-biblioteca.vigo@xunta.gal
O asunto será: Concurso BD
Enviaranse dous arquivos: o primeiro é un pdf coas páxinas en formato jpg ou tiff a 300 ppp. Estas páxinas serán denominadas co título da obra e categoría a que pertencen (título.infantil.pdf.). O segundo será un arquivo de texto no que se indicarán os datos dos participantes. Será nomeado igual co título da obra e a categoría a que pertence. (título.infantil.pdf/doc).
Por correo postal. No exterior figurará o título ou lema e a categoría na que participa. No interior, fotocopia das páxinas; e noutro sobre pechado, polo sistema de plica, por fora levará o título ou lema da obra, e dentro os seguintes datos:
*Nome e apelidos do concursante (imprescindible).
*Fotocopia do D.N.I.
*Domicilio, teléfono/s de contacto, (imprescindible) e mail.
Estes traballos, serán entregados na Hemeroteca:
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Joaquín Yáñez, 6 (Casco Vello) Vigo
Hemeroteca, 1ª planta.
TLF: 986 229 074 / FAX: 986 227 342
6. O prazo de presentación dos traballos será a partir do 23 de abril e rematará o 20 de maio ás 23:59h de 2018.
7. Establécense os seguintes premios :
1º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
2º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
1º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
2º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
1º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
2º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de produtos relacionados co mundo da banda deseñada.
8. Ademais dos premios, o Xurado poderá reservarse o dereito de facer Mencións Especiais respecto daquelas obras que estime como merecedoras delas.
9. O Xurado poderá declarar os premios desertos. O xurado estará composto por autores recoñecidos do mundo da banda deseñada.
10. Así mesmo, cos traballos premiados realizarase unha exposición nas propias instalacións da biblioteca.
11. As obras destruiranse unha vez pasado o certame. Non se devolverán.
12. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos a criterio da organización.
13. A entrega de premios farase o sábado 26 de maio no obradoiro da banda deseñada, sito na segunda planta na sala de audiovisuais.