Premio: I Concurso de microrrelatos de terror
I Concurso de microrrelatos de terror
Organizado pola Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Bases do concurso:
1. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos
2. Cada participante presentará un único relato cunha extensión máxima de 250 palabras.
3. Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
4.. Os traballos presentados deberán ser escritos en galego ou castelán
Prazo
O prazo de admisión dos relatos rematará o vindeiro 10 de decembro, debendo ser entregados na biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, asinados e cos seus datos persoais engadidos, (nome, dirección postal, correo electrónico e teléfono).
O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.
Premios
1º premio: lote de libros e publicación nas redes sociais da biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.
2º premio: lote de libros
3º premio: lote de libros
Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
A presentación das obras a este concurso supoñe a aceptación das presentes bases.
A resolución do xurado farase pública o 20 de decembro e comunicarase aos premiados por medio do correo electrónico ou teléfono.