Premio: III Concurso de Fotografía Lendo en Compostela
III Concurso de Fotografía Lendo en Compostela
Convocado pola Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convoca o III Concurso de fotografía Lendo en Compostela, que ten por obxectivo fomentar a lectura mediante a imaxe como estímulo visual para descubrir o atractivo da lectura e do acto de ler en calquera lugar e momento.
Poderá participar calquera persoa física autor/a da obra fotográfica presentada que cumpra coas condicións establecidas nas bases, que se poden consultar no Folleto do III Concurso de Fotografía
A entrega dos premios terá lugar o 7 de xaneiro de 2015 ás 12.00h co gallo da festividade de Reis.
Estado do trámite:
Resolto
Ligazóns
- Convocatoria do III Concurso de Fotografía Lendo en Compostela
- Fallo do III Concurso de Fotografía Lendo en Compostela: 'O camiño aberto que nos deixan os libros' de Andrea Fernández Laíño
- Fallo do III Concurso de Fotografía Lendo en Compostela: 'Un mesmo lugar, mil historias diferentes' de Nuria Rodríguez López