Premio: XI Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
XI Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
A Asociación de Antigos Alumnos do Instituto Monelo da Coruña convoca a XI Edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos. O tema é libre e as fotografías poderán presentarse en cor ou branco/negro. Máximo de tres fotografías por participante e non deberán levar marca de auga. Presentaranse en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico: fotomonelos@gmail.com
O prazo límite para presentarse é o 10 de marzo de 2015.
Estado do trámite:
Resolto