Premio: XXII Premio Elías Valiña para o ano 2021

XXII Premio Elías Valiña para o ano 2021

O seu obxectivo é distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago

A Xunta de Galicia convoca a XXII edición do Premio Elías Valiña, un galardón impulsado desde a Administración autonómica co fin de distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago. Trátase dun premio dotado con 10.000€ que recoñece o esforzo de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan entre os seus fins a protección e fomento da Ruta Xacobea.

As bases poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no seguinte documento. As solicitudes deberán ser presentadas a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para optar ao galardón as entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo e deberán entregar nas súas solicitudes unha memoria xustificativa explicando o labor realizado neste campo. A convocatoria tamén contempla a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial a unha persoa física que teña contribuído coa súa traxectoria vital ao fomento dos valores do Camiño de Santiago.

O xurado, composto por membros da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e por expertos en materia xacobea, entre outros, valorará as candidaturas en función de catro criterios valorados cada un por un máximo de 25 puntos.

Estado do trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte