Premio: XVIII Certame de Poesía Concello de Carral
XVIII Certame de Poesía Concello de Carral
Eva Veiga, gañadora desta edición
O Concello de Carral convoca a décimo oitava edición do seu certame de poesía co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística de Cultura.
O Premio de Poesía Concello de Carral iniciou a súa andaina en 1997 e hoxe constitúe un dos certames literarios máis prestixiosos de Galicia, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Espiral Maior.
As persoas interesadas en participar nesta nova edición poden remitir as súas obras, cun mínimo de 500 versos, á Biblioteca Pública Municipal de Carral. O prazo de admisión de orixinais estará aberto desde o 3 de febreiro ata o 10 de abril de 2015.